sábado, 12 de mayo de 2007

CURTAS GZ


Curtas.GZ, Xornadas da Curtametraxe Galega , 14 e 15 de Maio

Os días 14 e e 15 de Maio terán lugar na Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra as Xornadas da Curtametraxe Galega "Curtas.GZ".

O primeiro día trataranse os inicios e evolución do curtametraxismo galego até os 70-80.Está confirmada a asistencia de Xavier Villaverde (Continental), Manuel Abad (TVG), Carlos L. Piñeiro (EGACI), Miguel Castelo (Ábrago Filmes), Antonio Simón, Xosé Nogueira (USC), Ramiro Ledo (CCCV) e dos docentes da nosa facultade Miguel Anxo Fernández, Pepe Coira e José Luis Castro de Paz.

O segundo día tratarase a actualidade da curtametraxe no noso país. Pola mañá, dúas mesas redondas sobre festivais e axudas e promoción a curtas, con Afonso Pato (Onda Curta), Beatriz Rodríguez (Curtocircuito) e Xoán Mariño (Mr. Misto Filmes). Pola tarde, proxección de curtametraxes actuais coa presenza dos seus directores: Anxo Cendal, Pablo Millán, Dani García.

Organizan os CAF (Comités Abertos de Estudantes) e máis o Cineclube CSC.

Máis info en http://curtasgz.blogspot.com/


Animádevos, estase tramitando a concesión de 1 crédito de libre elección. Bon Proveito!!!

No hay comentarios: